O vindeiro 23 de abril desde as 18 horas terá lugar na Alameda de Rajoy de Pontedeume un festival de carácter solidario organizado por AGA UCRAÍNA e o Concello de Pontedeume. Medio centenar de artistas e máis de trinta voluntarias e voluntarios colaboran neste festival no que todos os fondos recadados, a través da barra...
Categoría: Igualdade
O Concello de Pontedeume informa das guías de actuación ante a situación de crise de Ucraína
O Concello de Pontedeume, seguindo as indicacións do Goberno do Estado, a FEMP e a FEGAMP, informa da guía de actuación ante a situación de crise en Ucraína. Neste sentido, o Concello recorda á cidadanía: A chegada da poboación ucraína debe facerse pola vía oficial a través do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións,...
Pontedeume celebra o vindeiro 23 de marzo “O Día da Árbore”
O Concello de Pontedeume organiza a segunda edición de ‘O Día da Árbore’ co obxectivo de concienciar sobre a importancia que teñen as árbores para a biodiversidade do planeta e a necesidade de protexer os bosques e superficies arboradas. Durante este día realizaranse unha serie de plantacións de diferentes especies, como Acacias de Bola e...
Campaña de recollida de produtos básicos para Ucraína
O Concello de Pontedeume, en colaboración coa AVPC de Protección Civil, activa unha campaña de recollida de materiais de primeira necesidade para a poboación de Ucraína. A campaña estará operativa dende o mércores, 9 de marzo de 2022. As doazóns poderán realizarse de luns a venres, en horario de 9:00 a 11:00, sábados de 10:00...
Día internacional da Muller
O Concello de Pontedeume dentro da Campaña de sensibilización “Crecendo en Igualdade” que impulsa con motivo do día 8 de marzo “Día Internacional da Muller”, ten previsto realizar unha serie de actividades dirixidas á comunidade eumesa en xeral. O obxectivo da campaña é facer visible o máis posible as realidades que a día de hoxe...