Somos moito Tour

Somos moito Tour

Os Concellos de Pontedeume e Cabanas, súmanse á Campaña de Comunicación sobre Oportunidades e Políticas Xuvenís para a Participación e a Inclusión Social da Xuventude. Esta campaña está promovida pola Deputación da Coruña dentro do seu programa Europe Direct.
Trátase dun proxecto informativo, itinerante e participativo que ofrecerá ferramentas , coñecementos e metodoloxías da educación non formal para dar a coñecer as principais oportunidades nacionais e europeras para a formación, o emprego e a educación.

Se tes entre 12 e 35 anos pásate pola Alameda de Raxoi o sábado 4 de xuño a partir das 17.00 horas.