28 de Xuño- Día da Diversidade Sexual

28 de Xuño- Día da Diversidade Sexual

O Concello de Pontedeume súmase un ano máis á campaña impulsada dende a área de Igualdade da Deputación Provincial da Coruña “Liberdade de Ser e Sentir”, con motivo do Día da Diversidade Sexual.

Dende a área de Igualdade municipal achegámosvos a programación e o enlace da campaña para que visitedes a web seresentir.gal, onde atoparedes recursos que poden ser do voso interese e a programación de distintas actividades programadas nestas datas: contacontos, vídeos, presentación de colectivos LGTBQI+, pílulas divulgativas para refrescar conceptos, etc.

O Concello de Pontedeume reforza esta campaña coa colocación de pancartas e a edición duns cortos de animación para sensibilizar á cidadanía.
O obxectivo é lanzar unhas mensaxes para a reflexión facendo un chamamento, a todas e todos, sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas.

Os vídeos desta campaña poden visualizarse nas redes e canal de vimeo municipal.

Vídeo 1:https://vimeo.com/724639901
Vídeo 2:https://vimeo.com/724640509
Vídeo 3:https://vimeo.com/724641169