Guías turísticas

Home / Descobre Pontedeume / Guías turísticas

Guías turísticas

Concello de Pontedeume

Planos

Planos turísticos con información descriptiva sobre os puntos de interese máis destacados do municipio e da bisbarra Ferrolterra-Rías Altas Patriminio histórico, cultural e natural.

Planos de Pontedeume

    Roteiros

    Achégate a Pontedeume realizando rutas adaptadas á todas as idades e intereses.
    Neste apartado podes atopar toda a información necesaria para a realización de roteiros sinalizados en entornos naturais e percorridos polo casco histórico clasificados por diferentes temáticas.

    Trípticos e guías sobre roteiros en Pontedeume

      Patrimonio histórico

      Pontedeume atesoura un extenso patrimonio cultural, artístico e etnográfico herdanza do seu pasado histórico.
      Nesta sección está dispoñible información ampliada sobre edificios emblemáticos da nosa vila.

      Trípticos e guías sobre o patrimonio histórico de Pontedeume

        Gastronomía

        A longa tradición gastronómica eumesa destaca pola calidade do seu marisco, peixe e froitos de horta.
        Descobre a nosa historia culinaria a través de produtos tan típicos como a costrada, os melindres, os amendoados, a proia ou a torta de Pontedeume.

        Trípticos e guías sobre a gastronomía de Pontedeume

          Praias

          O litoral eumés ofrece calas, praias urbanas, semiurbanas e naturais.
          As súas augas tranquilas son ideais para os deportes náuticos e o turismo familiar.
          Neste apartado podes coñecer as características e servizos dos diferentes areais.

          Trípticos e guías sobre as praias de Pontedeume

            Camiño Inglés

            O fenómeno xacobeo xa existía antes da fundación de Pontedeume en 1270.
            Nesta sección atoparás información ampliada sobre a historia do Camiño Inglés, a súa vinculación co mar e o porto xacobeo eumés.

            Trípticos e guías sobre o Camiño Inglés

              Mulleres do pasado eumés

              A importancia da muller no pasado da nosa historia debe ser visibilizada e posta en valor.
              Aquí podes atopar información sobre figuras femininas relacionadas co pasado de Pontedeume durante a Idade Media e comezos da Idade Moderna.

              Trípticos e guías sobre as mulleres do pasado eumés

                Artistas

                Recopilación de información sobre artistas eumeses o vencellados directamente a Pontedeume que protagonizaron exposicións durante os últimos anos.

                Trípticos e guías sobre artistas de Pontedeume