Apagón polo cambio climático

Apagón polo cambio climático

Máis de vinte concellos, entre eles o de Pontedeume, únense ao “apagón” para concienciar sobre o cambio climático.

A acción convocada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade polo Día do Medio Ambiente encádrase no proxecto europeo ‘People and Planet’

Unha deputación e 21 concellos socios Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade uniranse este domingo, 5 de xuño, ao “apagón” convocado pola entidade con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que este ano se conmemora baixo o lema #OnlyOneEarth.

A partir das 23 horas, suspenderase a iluminación pública de consistorios, prazas, igrexas, torres e outros monumentos co fin de concienciar sobre o consumo enerxético.

A acción encádrase no proxecto europeo ‘People and Planet’, que implica á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático.
O Concello de Pontedeume unirase a este acto simbólico co apagón do “ Torreón dos Andrade” , o vindeiro domingo 5 de xuño ás 23.00 horas.