Política de protección de datos

Home / Política de protección de datos

Protección de datos

Infórmase que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios da web, serán incorporados a un ficheiro titularidade do Concello de Pontedeume con domicilio en Rúa Real, 13, 15600 – Pontedeume (A Coruña) que cumpre coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro. A finalidade do devandito ficheiro é a prestación e administración do servizo contratado ou solicitado, así como a realización de estatísticas, a remisión de publicidade e outras promocións comerciais que o Concello de Pontedeume poida efectuar nun futuro.

Mediante o envío dos mencionados formularios, o usuario autoriza a enviarlle información e comunicacións a través de correo postal, correo electrónico ou fax das actividades e servizos do concello.

Así mesmo, o Concello de Pontedeume cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

O usuario poderá revogar o consentimento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito ao Concello de Pontedeume, na seguinte dirección  Rúa Real, 13, 15600 – Pontedeume (A Coruña), ou ben a través do seguinte correo electrónico correo@pontedeume.gal, identificándose debidamente e indicando de forma visible o concreto dereito que se exerce.

O Concello de Pontedeume adopta os niveis de seguridade correspondentes requiridos pola citada Lei Orgánica 15/1999 e demais normativa aplicable. Así mesmo, terase en conta o disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo a protección das personas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos e polo que se deroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).

Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.