O Concello de Pontedeume organiza unha viaxe cultural á vila de Allariz (Ourense) o próximo martes 28 de xuño. A actividade inclúese no programa de envellecemento activo, co obxectivo de favorecer a autonomía persoal o envellecemento saudable así como a participación social e a integración na comunidade. A cita inclúe a visita ao casco histórico,...
Author: Concello de Pontedeume (Concello de Pontedeume )
Escolas Deportivas Municipais de verán
Preinscricións do 6 ao 17 de xuño (no Pavillón Municipal de deportes A Casqueira – 981433041). Sorteo e publicación o 20 de xuño. Pagamento do 20 ao 24 de xuño. Inscricións en prazas vacantes a partir do 27 de xuño. Normativa e ficha de inscrición:
Apagón polo cambio climático
Máis de vinte concellos, entre eles o de Pontedeume, únense ao “apagón” para concienciar sobre o cambio climático. A acción convocada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade polo Día do Medio Ambiente encádrase no proxecto europeo ‘People and Planet’ Unha deputación e 21 concellos socios Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade uniranse este domingo,...



