Concentración en defensa do transporte público

Concentración en defensa do transporte público

O Concello de Pontedeume, xunto a outros concellos da comarca, convoca unha concentración simultánea en defensa do transporte público, o próximo mércores 20 de xullo diante do edificio consistorial.
A lectura do manifesto realizarase a partir das 20:30 horas.

Doutra banda, dende as 19:00, membros da plataforma “Por un transporte público digno de Ferrol e comarca” realizarán unha enquisa e recollerán firmas.

A concentración celebrarase de xeito simultáneo fronte aos edificios consistoriais dos distintos municipios convocantes. Ademais de Pontedeume, impulsan a iniciativa os Concellos da Capela, As Pontes, Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Monfero, Narón e Neda.

Esta concentración dá continuidade ao esforzo do Concello de Pontedeume que, xunto a outros municipios, promoveu distintas iniciativas para reclamar á Xunta de Galicia melloras no servizo de transporte.
Entre as queixas dos usuarios/as, inclúense o incumprimento e supresión de rutas e frecuencias, os cambios de horario ou a carencia de reforzos nas paradas con maior demanda, entre outras.