XXV Premio de Investigación Concello de Pontedeume

XXV Premio de Investigación Concello de Pontedeume

Bases:

1.-O tema da investigación versará sobre aspectos de Pontedeume e a súa Comarca dende a perspectiva da descrición propia da Etnografía ou das interpretacións propias da Antropoloxía Social e Cultural e da Etnohistoria.
2.-Establécese un único premio dotado coa cantidade de 1.140 € (suxeito á retención vixente do I.R.P.F art.70).
3.-A lingua empregada nos traballos será a galega.
4.-Poderán optar a este premio cantas persoas o desexen, de forma individual ou colectiva. Os traballos serán inéditos e que non teñan obtido ningún premio anteriormente.
Entregaranse orixinais e catro copias en tamaño folio, mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.
A extensión dos traballos será dun mínimo de 50 folios e un máximo de 100, incluídos os documentos gráficos, fotográficos e outros elementos que os ilustren.
5.-As obras poderán presentarse directamente ou ben ser remitidas por correo certificado ao Rexistro Xeral da Secretaría da Casa do Concello de Pontedeume, (Rúa Real, 13 – 15600 Pontedeume – A Coruña) en sobre pechado co título da investigación e o lema do autor/es, acompañado doutro sobre pequeno no que conste o/s auténtico/s nome/s e apelidos do autor/es así como o seu teléfono, o enderezo e fotocopia do D.N.I.
6.-O prazo de presentación remata o 22 de agosto de 2022.
7.-A decisión do xurado será inapelable. O nome das persoas que o compoñen así como a súa decisión comunicarase aos participantes e público en xeral o día da entrega do premio, e difundirase a través dos medios de comunicación.
8.-A resolución final do xurado darase a coñecer o día 24 de outubro de 2022.
9.-O premio poderá quedar deserto de non existiren traballos de calidade a xuízo do xurado.
10.- Os organizadores do premio resérvanse o dereito de cancelar o premio ou resolver os imprevistos sen estar na obriga de comunicárllelo previamente aos participantes.
11.- O traballo premiado, así como aqueles que o xurado considere de interese serán publicados na revista de investigación local Cátedra. Revista eumesa de estudios.
12.- A participación neste premio de investigación implica a aceptación das presentes bases.

Información: Teléfonos: 981432598/604078677

Enlace BOP: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/07/11/2022_0000004141.pdf