Xornada de Formación sobre a plataforma Correos Market

Xornada de Formación sobre a plataforma Correos Market

O Concello de Pontedeume informa que a Asociación de Concellos do Camiño Inglés organiza
unha xornada formativa para persoas que desexen sumarse á plataforma Correos Market para vender
os seus produtos a calquer punto de España dun xeito sinxelo e seguro.

Esta formación terá lugar o xoves 7 de abril ás 10:00 horas na sede principal de Correos en
Santiago de Compostela (Rúa Franco, número 4). A inscrición é de balde e pode realizarse
no teléfono 881150099 ou no email info@caminoingles.gal ata completar prazas.

Nesta xornada formativa, un equipo técnico especializado, explicará ás empresas e produtores interesados
como aumentar a sáu visibilidade e a súas vendas a través da plataforma Correos Market.

Máis información no seguinte enlace:
https://www.caminoingles.gal/a-asociacion-de-concellos-do-camino-ingles-organiza-unha-xornada-formativa-para-persoas/