Servizos sociais

Servizos sociais

O departamento de Servizos Sociais de atención primaria está situado no peirao, no edificio da antiga cárcere e actual Xulgado.
Ten como finalidade acadar unha acción social globalizadora e polivalente dirixida ao conxunto da poboación de Pontedeume para promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social da cidadanía, especialmente dos veciños/as que se atopan en risco de carencia e/ou marxinación.
Os seus programas básicos son: programa de información, orientación e asesoramento; programa de apoio á unidade de convivencia e axuda no fogar; programa de prevención e inserción social; e programa de animación e cooperación social.