O Concello de Pontedeume e a Asociación Sociocultural ASCM propoñen este martes, 6 de setembro, a Biblioteca Humana, unha oportunidade para escoitar historias de superación persoal relacionadas co mundo da discapacidade e/ou o deporte. A actividade realizarase na Praza do Conde de 11.00 a 13.00, en caso de choiva realizarase nos soportais do Mercado Municipal.