Romaría de Breamo

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Romaría de Breamo

29 Setembro, 2022

O Concello de Pontedeume informa de que este xoves 29 de setembro celébrase a romaría de San Miguel de Breamo.
Unha xornada de festa e tradición que retomouse o pasado 8 de maio despois de dous anos de suspensión polas restricións provocadas pola crise sanitaria. Polo que contamos desfrutar de novo dunha xornada para toda a familia.

Grazas á organización da Comisión de Festas das Peras, a cidadanía gozará de postos de alimentación, música tradicional, realización de sorteos e a actuación do Dúo Elite.

Ademáis, o horario da misa será ás 13 horas.

Con motivo desta celebración, a organización prega que se sigan as seguintes indicacións para o seu correcto desenvolvemento:
O acceso á romaría realizarase de maneira que poidan circular dous vehículos, subindo e baixando simultáneamente e garantindo o acceso de vehículos de emerxencia en caso de necesidade.

Contarase novamente grazas á xenerosidade dos propietarios de dúas parcelas, cun espazo de estacionamento na beira esquerda ao final da estrada en sentido de subida.

Recórdase estacionar neste espazo sempre co fronte do vehículo cara á saída para evitar maniobras complicadas.

Ao longo da estrada de acceso permítese soamente o estacionamento na marxe dereita da estrada en sentido de baixada.
Non está permitido o estacionamento na zona final da estrada. Esta zona está reservada para o acceso de vehículos de emerxencia, zona de xiro e necesidades organizativas.
Pode accederse a esta zona, exclusivamente para deixar ou recoller persoas ou material cun tempo máximo de 10 minutos.

Para o correcto desenvolvemento da festa, contarase cunha ambulancia asistencial e o apoio de Policía Local e a Asociación de Voluntarios de Protección Civil.

Prégase seguir todas as súas indicacións e recomendacións.

Así mesmo, co obxectivo de desconxestionamento de tráfico de automóbiles haberá servizo de microbuses, con saída desde a marquesiña de buses de Pontedeume ata a ermida no seguinte horario:

11:30h Pontedeume-Breamo e volta  a continuación ás 11:45h
12:00h Pontedeume-Breamo e volta a continuación ás 12:15h
14:00h Pontedeume-Breamo e volta a continuación ás 14:15h
15:00h Pontedeume-Breamo e volta  a continuación ás  15:15h

Prégase facer un uso do colectores de lixo e manter o monte limpo.
Agradecemos todo o traballo e esforzo realizado pola Comisión de Festas na organización desta actividade da que todas e todos desfrutaremos.

Detalles

Data:
29 Setembro, 2022
Categorías do Evento:
, , ,

Recinto

Ermida de San Miguel de Breamo
CP-6901
Pontedeume, 15600 Spain

Organizador

Concello de Pontedeume
Phone
981 433 054
Correo
correo@pontedeume.gal
Ver a páxina web do Organizador