“Unha muller rebelde” de Casa Hamlet

- Este evento xa pasou.
“Unha muller rebelde” de Casa Hamlet
23 Maio, 2022, 20:00 - 21:30

Casa Hamlet preséntanos “Unha muller rebelde”, un espectáculo homenaxe a Maria Casares por mor do seu aniversario.
Consta de dúas partes, a primeira é un espectáculo con textos de Miguel Anxo Fernán Vello, Xesús Pisón e un traballo colectivo con textos de diversas entrevistas a María Casares, con poemas referidos á situación de España nos anos do exilio .
A segunda parte son textos diversos de Chejov, H. Pinter, Cunqueiro, Manuel Lourenzo realizados nas aulas ao longo do curso baixo a dirección de Santiago Fernández e Manuel Lourenzo.