Probas para a obtención dos certificados Celga no ano 2023

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Probas para a obtención dos certificados Celga no ano 2023

5 Setembro, 2023 - 25 Setembro, 2023

No DOG do luns, 4 de setembro de 2023, publícase a RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023.

PRAZO DE MATRÍCULA:

do 5 ao 25 de setembro de 2023

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS:

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2023. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS:
Localidade e Nivel:
Santiago de Compostela:  Celga 2 Celga 3 Celga 4
Ponferrada: Celga 2 Celga 3 Celga 4

 

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

Detalles

Comezo:
5 Setembro, 2023
Remate:
25 Setembro, 2023