OS BOLECHAS

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

OS BOLECHAS

28 Outubro, 2023, 18:00 - 19:00

“Os Bolechas en familia visitan unha galería de arte”

 

DATA: SÁBADO, 28 DE OUTUBRO

HORA: 18.00

LUGAR: CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE PONTEDEUME

A Casa da Cultura do Concello de Pontedeume acolle o 28 de outubro o espectáculo teatral de «Os Bolechas», que se celebrará ás 18.00 h na Casa da Cultura con entrada de balde ata completar aforo. Esta actividade forma parte do programa Falaredes de dinamización lingüística da Xunta de Galicia.

SINOPSE:

Bisavoas e bisavós, tataravoas e tataravós, familiares prehistóricos… os antepasados dos Bolechas regresan nesta nova aventura plasmados no lenzo.

Neste teatro de monicreques, os irmáns visitan unha galería na que coñecen a un pintoresco artista e os seus cadros abstractos e surrealistas, mais non acaban de entender este tipo de arte e prefiren pintar cadros máis figurativos e realistas. Despois de darlle moitas voltas, e coa axuda do público, deciden debuxar aos seus antepasados.

Este espectáculo está orientado a un público cativo de entre 5 a 12 anos, mais tamén é unha opción para pasalo ben en familia. Deste xeito, a obra pretende fomentar o interese pola arte e polo coñecemento da familia e os nosos antepasados, sen perder a diversión das nenas e nenos. Os Bolechas son referentes na promoción e uso do idioma galego, polo que é unha perfecta alternativa de ocio en galego, que tamén motiva o coñecemento das nenas e nenos, ao mesmo tempo que se reforza a arte como un elemento potenciador do noso patrimonio e de lembranza e honra dos antepasados.

Detalles

Data:
28 Outubro, 2023
Hora:
18:00 - 19:00
Categorías do Evento:
, ,

Recinto

Casa da cultura
Rúa San Agustín, 20
Pontedeume, A Coruña 15600 España

Organizadores

Concello de Pontedeume
Xunta de Galicia