Festa Infantil do Samaín 2023

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Festa Infantil do Samaín 2023

31 Outubro, 2023

O Concello de Pontedeume festexa un ano máis a tradicional Festa Infantil do Samaín, o vindeiro martes 31 de outubro.

Animamos ás familias a participar nesta programación, que ten como obxectivo manter viva unha tradición e recuperar unha festividade moi antiga, de orixe celta, que realizaban a véspera do Día dos Mortos para festexar o final da tempada de colleita, adicándose a preparar a conservación dos alimentos para pasar o inverno.

Esa noite difuminaba o límite entre o mundo dos vivos e o dos mortos, por iso os vivos decoraban as súas casas con adornos, principalmente cabazas, e mesmo se disfrazaban de mortos para que as ánimas pasasen de largo.

A festa comezará ás 17:15h. na Praza Real para trasladarnos todas e todos á Alameda de Raxoi.

Será un día para saír, pasear e gozar coas máis pequenas e pequenos da casa.

Detalles

Data:
31 Outubro, 2023
Categoría do Evento:

Recinto

Praza Real
Praza Real
Pontedeume, 15600 España
+ Google Map

Organizador

Concello de Pontedeume
Phone
981 433 054
Correo
correo@pontedeume.gal
Ver a páxina web do Organizador