Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Apagón polo cambio climático

5 Xuño, 2022, 11:00 p.m. - 6 Xuño, 2022, 11:00 p.m.

Máis de vinte concellos, entre eles o de Pontedeume, únense ao “apagón” para concienciar sobre o cambio climático.
A acción convocada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade polo Día do Medio Ambiente encádrase no proxecto europeo ‘People and Planet’

Unha deputación e 21 concellos socios Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade uniranse este domingo, 5 de xuño, ao “apagón” convocado pola entidade con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que este ano se conmemora baixo o lema #OnlyOneEarth. A partir das 23 horas, suspenderase a iluminación pública de consistorios, prazas, igrexas, torres e outros monumentos co fin de concienciar sobre o consumo enerxético. A acción encádrase no proxecto europeo ‘People and Planet’, que implica á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático.

O Concello de Pontedeume unirase a este acto simbólico co apagón do “ Torreón dos Andrade” , o vindeiro domingo 5 de xuño ás 23.00 horas.

Detalles

  • Comezo: 5 Xuño, 2022, 11:00 p.m.
  • Remate: 6 Xuño, 2022, 11:00 p.m.
  • Categoría do Evento:

Recinto

  • Torreón dos Andrade
  • Avda. Torreón, s/n
    Pontedeume, A Coruña España
  • Phone 981 430 270

Organizador