Concerto despedida “Chicas de Oro”

Concerto despedida “Chicas de Oro”

O vindeiro día 2 de marzo celebrarase na Casa da Cultura un concerto especialmente emotivo da Rondalla Chicas de Oro. Este acto servira de despedida a toda unha traxectoria que ao longo de máis de vinte anos puxo de manifesto a súa paixón pola música e a súa forza emprendedora. “Chicas de Oro” esta formado por un grupo de mulleres autodidactas, unhas que dende o comenzo ata o día de hoxe seguen a estar e, outras que polas circunstancias que foran tiveron que deixar a rondalla.

Neste acto homenaxe farase un percorrido pola súa historia poñendo en valor, especialmente, a súa contribución á vida cultural eumesa, a difusión do noso patrimonio cultural e o nome da nosa vila máis alo das nosas fronteiras.. O Concello de Pontedeume fai unha invitación pública dirixida a todas e todos e animando a arroupar á rondalla nesta a súa última.