Ábrese o prazo de inscrición no servizo “Madrugadoras/Madrugadores” para o vindeiro curso escolar 2022/2023 dende o día 1 de agosto ata o día 6 de setembro. O programa é unha das medidas de conciliación que o Concello de Pontedeume pon ao servizo das familias eumesas do alumnado dos centros escolares públicos de infantil e primaria...
Author: Concello de Pontedeume (Concello de Pontedeume )
Campaña de Vela 2022
Prazo inscrición ata o venres 22 de xullo ás 13:00 horas. Nenas/os nadas/os entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2013. Duración do curso: 1 ao 5 de agosto. Inscricións e máis información no Pavillón Municipal de Deportes A Casqueira (horario de mañá) ou no teléfono 981433041.
Concentración en defensa do transporte público
O Concello de Pontedeume, xunto a outros concellos da comarca, convoca unha concentración simultánea en defensa do transporte público, o próximo mércores 20 de xullo diante do edificio consistorial. A lectura do manifesto realizarase a partir das 20:30 horas. Doutra banda, dende as 19:00, membros da plataforma “Por un transporte público digno de Ferrol e...
Os irmandiños e andaina cultural no Castelo de Andrade
O sábado 23 de xullo terá lugar unha iniciativa innovadora aos pés do Castelo de Andrade. O Ateneo Eumés xunto co Concello de Pontedeume organiza unha andaina cultural ata o Castelo de Andrade, xunto con dous relatorios sobre a familia dos Andrade e Roi Xordo e Alonso de Lanzós e un concerto de música medieval...