55 Baixada do Eume

55 Baixada do Eume

O Concello de Pontedeume organiza xunto co Clube Náutico Firrete unha das mellores citas deportivas que se poden ver a día de hoxe en toda Galicia.
Terá lugar o sábado 27 de agosto desde as 17:30 horas.
O evento deportivo máis lonxevo de Pontedeume e o terceiro de piragüismo de Galicia sendo unha das competicións máis veterán na súa modalidade no calendario nacional cunha previsión de participación que rondará os 350 deportistas.

A entrega de trofeos será na Alameda de Raxoi.