XXXII CONCURSO DE CONTOS VILA DE PONTEDEUME

XXXII CONCURSO DE CONTOS VILA DE PONTEDEUME

Bases:
1. Poderán concorrer ao premio estudantes de Terceiro e Cuarto da ESO, Bacharelato, Ciclos de Formación Profesional Básica e Ciclos de Formación de Grao Medio ou Superior, cuxa idade non supere os 20 anos.
2. Os contos estarán en lingua galega e cada participante presentará unha única obra.
3. Os contos, que deberán ser orixinais, inéditos e non publicados e premiados anteriormente, terán unha extensión non inferior a seis (6) páxinas nin superior a oito (8), estarán mecanografados a dobre espazo interlineal con letra Arial, corpo 12, e tamaño DIN A4. As follas deberán estar paxinadas.
4. As obras presentaranse directamente ou ben poderán ser remitidas por correo certificado ao Rexistro Xeral do Concello de Pontedeume (rúa Real 13, 15600 Pontedeume.
A Coruña). As obras entregaranse en sobre pechado en cuxo exterior constará: o nome do concurso, o título da obra e lema ou pseudónimo do autor ou autora. No interior xuntarase outro sobre pechado, no que constará: o nome do concurso, o título da obra e lema ou pseudónimo do autor ou autora, o auténtico nome e apelidos do autor ou autora, a fotocopia do DNI, teléfono de contacto, correo electrónico, enderezo, indicación do centro no que cursa estudos e estudos que está a cursar.
5. Tamén se poderán presentar a través de correo electrónico a correo@pontedeume.gal. Ao correo deberán xuntárselle dous arquivos: un co conto e outro co nome e apelidos do autor o autora, a fotocopia do DNI, teléfono de contacto, enderezo, indicación do centro no que cursa estudos e estudos que está a cursar.
6. O prazo de presentación remata o 22 de abril de 2022.
7. Estabelécese un único premio dotado con 600.-€. (Este premio está suxeito á retención vixente do IRPF (RIRPF, art. 70)
8. O premio poderá quedar deserto de non existiren obras de calidade a xuízo do xurado.
9. Así mesmo o xurado poderá determinar o outorgamento de accésits.
10. O xurado, nomeado polo Concello de Pontedeume, estará composto por tres membros e un secretario ou secretaria con voz e sen voto, en representación da
Concellería de Cultura. A decisión do xurado comunicaráselles aos participantes e público en xeral o mesmo día da entrega dos premios.
11. O día da entrega dos premios será o día 17 de maio de 2022, Día das nosas letras.
12. O Concello de Pontedeume resérvase a posibilidade de publicar o premio e accésits no momento que considere conveniente. Neste sentido, o autor ou a autora renuncia
a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor e o/os exemplar/es que entregue da súa/s obra/s quedarán en propiedade do Concello.
13. A organización resérvase o dereito de cancelar o concurso ou resolver os imprevistos sen estar obrigada a comunicárllelo previamente aos participantes.
14. A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.
Teléfono de información:
981 432 598 – 604 078 677

 

Publicación bases bop: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/04/06/2022_0000001717.pdf