Viaxe Cultural a Allariz (Ourense)- Programa de envellecemento activo

Viaxe Cultural a Allariz (Ourense)- Programa de envellecemento activo

O Concello de Pontedeume organiza unha viaxe cultural á vila de Allariz (Ourense) o próximo martes 28 de xuño.
A actividade inclúese no programa de envellecemento activo, co obxectivo de favorecer a autonomía persoal o envellecemento saudable así como a participación social e a integración na comunidade.

A cita inclúe a visita ao casco histórico, a asistencia ao festival internacional de xardíns, o posterior xantar e o paseo pola beira do río Arnoia.

A viaxe diríxese a persoas maiores de 55 anos e ten un prezo de 15 euros por persoa.

Inscricións no departamento de Servizos Sociais de Pontedeume no teléfono 981433288, reparto de prazas por orde de inscrición.