Servizo de apoio intregal a coidadoras no medio rural

Servizo de apoio intregal a coidadoras no medio rural

Os Concellos de Pontedeume e Cabanas acollen unha nova edición do servizo de atención a coidadoras da Fundación Mulleres.
Desde mediados de outubro e durante un mes traballaranse os seguintes aspectos fundamentais:

• Relaxación e conciencia corporal
• Xestión do tempo
• Habilidades de comunicación

Esta formación enmárcase dentro do programa de atención psicosocial e vai dirixida a coidadoras ou coidadores que teñan ao seu cargo persoas dependentes.
As persoas interesadas poden solicitar información e inscribirse chamando aos teléfonos dos servizos sociais municipais:
981 433 288 (Pontedeume)
981 495 959 Ext.2 (Cabanas)