Rueiras/Rueiros de verán 2022

Rueiras/Rueiros de verán 2022

O Concello de Pontedeume  concede especial atención ás actividades de ocio e tempo libre dirixidas as nenas e nenos nos períodos vacacionais.

Dentro destas actividades  os campamentos municipais son unha das máis demandadas tradicionalmente. Nacen cunha finalidade eminentemente educativa.

Estas actividades están contempladas dentro do Programa de Educación en Valores no que se traballa dende a área da Animación Socio Comunitaria co obxectivo de: dotar dun contido educativo e lúdico á vez, todas aquelas dinámicas desenvoltas ao longo dos días no que se realiza dita actividade.

 

O programa responde  á necesidade que, hoxe en día, teñen moitas familias eumesas  á hora de conciliar a súa vida familiar e laboral nos períodos vacacionais. Consideramos, polo tanto, que esta programación repercute de xeito satisfactorio no desenvolvemento persoal e comunitario da cidadanía en xeral, tanto nas persoas participantes como noutras institucións sociais (educación, familia, etc.), así como, na adquisición de hábitos sociais saudables

Para acadar as liñas de traballo marcadas, na presente edición se ofertan as seguintes actividades:

  • Rueiras/Rueiros de verán 2022 Dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Couceiro Freixomil e CEIP de Andrade.

 

  • XXXIV Acampadas Intermunicipaís na natureza organizado pola Escola de tempo Libre e Aire Neboa nas que somos concello colaborador:
  1. Campamento multiaventura do 5 ao 17 de xullo para rapaces e rapazas de 12 a 17 anos
  2. Campamento Robinson do 23 ao 30 de xullo para nenas e nenos de 6 a 11 anos.

 

Información e inscricións do 1 ao 15 de xuño no departamento municipal de Servizos Sociais.