PACES

PACES

O Concello de Pontedeume aprobou en pleno o 25 de novembro de 2021 o documento do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible do municipio eumés.

Un plan que culmina a adhesión do Concello de Pontedeume á iniciativa do Pacto de Alcaldes, promovida pola Unión Europea. Dita iniciativa mostra o compromiso de redución de emisións e de actividades de concienciación entre a cidadanía sobre a necesidade de alcanzar un consumo enerxético máis eficiente e sostible para loitar contra o cambio climático.
O documento PACES recolle o traballo realizado na elaboración dun inventario de referencia de emisións e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades do territorio ante o cambio climático.

O estudo baséase na recollida de datos como a distribución poboacional, actividades produtivas, áreas protexidas, equipamentos ou a xestión de residuos, entre outros.
O documento, enmarcado dentro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a Axenda 2030, amosa diferentes accións que buscan a redución de emisións de CO2,
a mellora da eficiencia enerxética, o uso de enerxías renovables, e o desenvolvemento de medidas de adaptación ante o cambio climático.

Un documento esencial, , imprescindible para a obtención de futuras subvencións destinadas á posta en marcha de accións estratéxicas na reducción de emisións e da eficiencia enerxética.