Programa de bonos dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social do Concello de Pontedeume

form_sugerencias

Estes bonos, cun importe de 65 €, están dirixidos ás usuarias e usuarios que están incluídos dentro dalgún dos seguintes programas xestionados desde o departamento municipal de Servizos Sociais:

Axudas municipais de emerxencia social, Programa de axuda alimentarias ás persoas desfavorecidas, Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) ou Tarxeta social básica.

Os interesados, xunto coa solicitude, deben presentar o certificado de empadroamento colectivo para que cada un dos membros da unidade familiar obteña o seu bono.

Todos os establecementos comerciais ubicados en Pontedeume que desexen adherise a esta iniciativa poden presentar a súa solicitude xunto co DNI do titular ou CIF do establecemento e o certificado de alta no censo de Actividades Económicas.

As solicitudes tanto para os beneficiarios dos bonos como dos establecementos poden presentarse ata o 24 de novembro de 2022.

Unha vez verificada a información entregada, as persoas beneficiarias recibirán os seus bonos que se poderán canxear ata o 11 de decembro nos establecementos adheridos que amosarán un logo distintivo de participación neste programa.