Programa Benestar en Balnearios 2022

Programa Benestar en Balnearios 2022

Ata o 24 de outubro de 2022 está aberto o prazo para solicitar praza no Programa Benestar en Balnearios da Consellería de Política Social.

O programa ofrece estadías de 10 días en réxime de pensión completa en balnearios de Galicia nos meses de novembro e decembro de 2022 para persoas maiores de 60 anos ou maiores de 55 si son pensionistas.

As persoas interesadas poden solicitar máis información no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Pontedeume ou no teléfono 981 433 288.