Presentación Muller Dixital: Formación para mulleres en habilidades dixitais

Presentación Muller Dixital: Formación para mulleres en habilidades dixitais

O Concello de Pontedeume súmase ás accións desenvoltas pola Xunta de Galicia, con fondos da Unión Europea no Marco do Plan de recuperación, Transformación e Resiliencia (fondos C19 13), destinados á mellora das capacidades dixitais para persoas desempregadas, co obxectivo de impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural e reducir a brecha de xénero.

O programa ‘Muller Rural 2022-2023’ ten como obxectivo formar a mulleres desempregadas ou en mellora de emprego na adquisición de competencias dixitais, así como dotar ás participantes dun terminal dixital ao finalizar a dita formación.

Haberá tres accións formativas :
* Competencias dixitais básicas
* Competencias dixitais avanzadas
* Iniciación ás competencias dixitais básicas para o emprendemento

Cada un destes cursos ten unha duración de 40 h.

Todas as mulleres interesadas en participar nesta formación teñen que estar dadas de alta como demandantes de emprego e ou mellora de emprego, e poden informarse e realizar unha proba tipo test para saber que curso se adapta as súas necesidades nunha xornada de presentación o vindeiro martes, 27 de setembro, ás 10:00 horas na Casa da Cultura do Concello de Pontedeume.