Presentación da terceira edición do obradoiro de emprego ÁRTABROEMPRENDE

Presentación da terceira edición do obradoiro de emprego ÁRTABROEMPRENDE

O pasado día 19 de abril presentábase a terceira edición do obradoiro de emprego Artabroemprende promovida polos Concellos de Pontedeume, Miño, Cabanas, Monfero e Paderne.

Os cinco concellos participantes acadaron una subvención de máis de 500.000€ da Consellería de Emprego e Igualdade que durante 12 meses permitirá ás 20 persoas participantes obter os certificados de profesionalidade nas especialidades de “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” e “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes”

A proposta presentada polo Concello de Pontedeume para a realización da parte prácticas do primeiro módulo comprende os Camiños de Vilar aos Chapizos, a Rúa Calexa, os roteiros peonis á ermida de Breamo e ao Castelo de Andrade, así como os lavadoiros de Chao e Rega de Ombre, a fonte pública da estación de FFCC, a fonte de Santa Margarita e en Costa de Vilar e a fonte dos Pollos.

No segundo módulo de “Mantemento de xardíns e zonas verdes” están reflexadas actuacións no Paseo Marítimo Rosalía de Castro e no Parque Alcalde Sarmiento.

Recórdase que para poder optar ao futuro proceso de selección a esta iniciativa de formación as candidatas e candidatos deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e que percibirán o 100% do salario mínimo interprofesional, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.