Pontedeume presentará á cidadanía o seu Plan Municipal para implementar os obxectivos de desenvolvemento sostenible

Pontedeume presentará á cidadanía o seu Plan Municipal para implementar os obxectivos de desenvolvemento sostenible

O Concello de Pontedeume, co apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, vén de elaborar un Plan Municipal para a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS ), dentro da Axenda 2030.

Este documento ten por obxectivo recompilar as liñas de acción prioritarias a levar a cabo polo Concello de Pontedeume nos tres próximos anos, vinculadas aos ODS da Axenda 2030.

Para a elaboración deste Plan Municipal contouse coa colaboración de varios axentes sociais relevantes do municipio.

O Concello de Pontedeume convida aos seus veciños e veciñas á presentación pública deste documento nun acto o vindeiro luns 25 de abril, ás 19.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura. Neste evento, o goberno local compartirá coa cidadanía a importancia de implementar este Plan de Acción.