Pontedeume celebra o vindeiro 23 de marzo “O Día da Árbore”

Pontedeume celebra o vindeiro 23 de marzo “O Día da Árbore”

O Concello de Pontedeume organiza a segunda edición de ‘O Día da Árbore’ co obxectivo de concienciar
sobre a importancia que teñen as árbores para a biodiversidade do planeta e a necesidade de protexer os bosques e superficies arboradas.

Durante este día realizaranse unha serie de plantacións de diferentes especies, como Acacias de Bola e Sauces Choróns,
na Praza do Conde e no Paseo Marítimo Rosalía de Castro que coa contará participación dos Centros de Educación Infantil e Primaria.
Tamén contará coa colaboración do profesorado e alumnado da especialidade de “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes”
do Obradoiro de Emprego “ÁrtabroEmprende II”, que se está a a impartir no edificio de Formación, Emprego e Desenvolvemento (FOREMDES) do municipio.

Ademáis todas e todos os participantes recibirán un kit de autocultivo realizado con fibras vexetais e sementeiras biodegradables.
Todas estas iniciativas impulsan a posta en valor da contorna e a necesidade do coidado medioambiental
vertebrando un dos eixos principais dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e
súmanse ao resto de actividades municipais dentro do proxecto “Vilas en Flor” ao que pertence o Concello de Pontedeume.