O Concello de Pontedeume informa do comezo do ciclo de teatro afeccionado 2022.

O Concello de Pontedeume informa do comezo do ciclo de teatro afeccionado 2022.

O Concello de Pontedeume, xunto coa asociación ‘Dame Cuerda Que Teatro’, organizan unha nova edición do Ciclo de Teatro Afeccionado, unha iniciativa que avala o compromiso coa escena teatral galega e o respaldo ao tecido cultural.

O ciclo comeza este sábado, 5 de novembro, coa obra para todos os públicos ‘¡Hay un muerto en el salón!’, de Arjé Teatro, no salón de actos do CPR San José de Pontedeume ás 20:00 horas.

Dirixida por Javier de Melo e Xavier Brais Rey, a obra narra a seguinte situación:
Mentres Abelardo e a súa prometida Hortensia brindan cos seus amigos polo inminente matrimonio, escoitanse disparos, e ao entrar no salón atópanse a un home morto no sofá.
Todo parece indicar que se suicidou. Os namorados, as criadas, os amigos da parella e os veciños da casa, máis a oportuna aparición dunha inspectora e unha forense un pouco timorata, forman a galería de personaxes dunha trama cercana ao teatro do absurdo e repleta de orixinais golpes de humor.

As obras continuarán os días 12, 19 e 26 de novembro no salón de actos do CPR San José.
Os espectáculos que se representarán son os seguintes:

-Día 12: Carrachanacacha, da asociación Aturuxo de Melpómene, con ‘A Pena do cu do mundo’.

-Día 19: Grupo de teatro Badius con ‘A peregrinaxe’.

-Día 26: Farándula Velutina, da Asociación cultural As nove Musas, con ‘Sincronizadas’.