O Concello de Pontedeume informa das guías de actuación ante a situación de crise de Ucraína

O Concello de Pontedeume informa das guías de actuación ante a situación de crise de Ucraína

O Concello de Pontedeume, seguindo as indicacións do Goberno do Estado, a FEMP e a FEGAMP, informa da guía de actuación ante a situación de crise en Ucraína.

Neste sentido, o Concello recorda á cidadanía:

  • A chegada da poboación ucraína debe facerse pola vía oficial a través do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, e non de maneira particular.
  • Non se recomenda a chegada de poboación ucraína de xeito informal, a través de accións solidarias de particulares nas que se xestiona o traslado de persoas dende os campos de refuxiados.
  • En Galicia, no caso de chegada de poboación ucraína polo vía non oficial, recoméndase remitilos ao Sistema de Protección. A entidade colaboradora do Ministerio de Inclusión para a solicitude e a acollida inicial no seo do programa de Protección Internacional é ACCEM (9811688977 982257463/ 886906798).
  • Os trámites ou recursos oficiais para esta poboación son os seguintes: Protección temporal, Solicitude do Programa de Acollida e Protección Internacional.
  • A forma de proceder na atención da poboación ucraína que chega a través da vía informal é a seguinte:
    A poboación ucraína deberá solicitar a protección temporal (permiso de residencia e traballo). Para iso terá que acudir, con cita previa, a algún dos puntos habilitados polo Ministerio de Interior para tal fin.
    Na actualidade en Galicia hai 7 puntos. Os máis próximos son: A Coruña, na Comisaría Provincial do CNP da Coruña, Avda do Porto; e en Ferrol no CNP, DNI e pasaportes, R/ Santo Amaro s/n.

Achéganse ademais diferentes documentos que recollen recomendacións neste sentido: