O Concello de Pontedeume celebra de novo este ano a festa das parroquias o día 27 de agosto na pista deportiva de Andrade.

O Concello de Pontedeume celebra de novo este ano a festa das parroquias o día 27 de agosto na pista deportiva de Andrade.

O Concello de Pontedeume celebra de novo este ano a Festa das Parroquias, tras dous anos de parón obrigado pola pandemia de coronavirus.
Nesta ocasión, será o día 27 de agosto na pista deportiva de Andrade e, como é habitual, haberá autobuses gratuítos para asistir á festa con saída de cada parroquia ás 13:30 horas.

Ademáis da comida, haberá un sorteo de produtos cedidos polo comercio local, unha actuación musical e inchables para nenos e nenas.
O campo estará cuberto cunha carpa e a festa disporá de asistencia sanitaria.

O prazo de inscrición remata o 20 de agosto no rexistro do concello, no teléfono 981 433 054 ou a través da asociación veciñal de cada parroquia.