Modificación da data de recollida de enseres no mes de setembro

Modificación da data de recollida de enseres no mes de setembro

O Concello de Pontedeume informa que, con motivo da celebración dos festivos locais na primeira semana de setembro, o servizo de recollida de enseres cambiará o seu horario habitual.
En vez de efectuarse a recollida o primeiro martes do mes, que sería o día 6 de setembro, os enseres recolleranse o martes 13 de setembro.
Prégase á cidadanía que teña en consideración o cambio de data para evitar a acumulación de obxectos nos lugares destinados a tal fin.
Dende o Concello de Pontedeume pídense desculpas á cidadanía polos posibles trastornos que esta situación poida ocasionar.