Inauguración da exposición Cincuenta anos de “A Casa de Rosalía”

Inauguración da exposición Cincuenta anos de “A Casa de Rosalía”

O 1 de xuño ás 12 horas inaugúrase a exposición ao aire libre “A Casa de Galicia”.
Unha exposición que estará instalada na Alameda de Rajoy ata o día 13 de xuño e na que percórrese a historia da Casa-Museo de Rosalía, que realizou a súa apertura ao público o 15 de xullo de 1971 grazas á implicación de entidades de todo o país e da emigración.

A mostra xira ao redor de seis temáticas: A Casa e o tren, Rosalía na Casa, Unha Casa santuario, A causa da Casa, O Padroado da Casa e A Casa de Galicia.

A inauguración contará coa presenza de María Muiño Filgueira, deputada provincial de Normalización e Igualdade,  Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía e Pepe Barro, comisario da exposición.