II Concurso de Nadal en Parroquias

II Concurso de Nadal en Parroquias

O Concello de Pontedeume, a través da súa Concellería de Parroquias, organiza o II Concurso de Nadal en Parroquias, centrado na decoración de Nadal a partir de materiais reciclados.

Poderán participar no concurso todas as personas que realicen decoración de Nadal nos seus balcóns, fiestras, portas, fachadas ou xardíns exteriores nas parroquias do Concello de Pontedeume: Andrade, Boebre, Centroña, Nogueirosa, Ombre e Vilar.

Establécense tres modalidades de participación: familiar ou individual, no caso de viviendas individuais; colectivos por urbanización, nos conxuntos de vivendas pertencentes a unha urbanización; e colectiva por parroquia, para os conxuntos de vivendas pertencentes a unha única parroquia.

O ganador da categoría individual recibirá un diploma y e un bono-viaxe para dúas persoas, mentres que os ganadores das categorías colectiva ou parroquia recibirán o seu respectivo diploma e trofeo.

A técnica para a realización da decoración é libre. Os participantes poderán emplegar calquer material, especialmente regufallos susceptibles de ser transformados en nuovos objxectos de temática de nadal, como bolas de nadal, farolillos, cadenetas, lámparas ou árbores de nadal.
Tamén se poderán emplegar iluminación para realzar as decoracións realizadas.

As personas interesadas en participar no concurso, deberán formalizar as súas inscricións ata o 23 decembro de 2022 no Rexistro do Concello de Pontedeume ou na sede electrónica https://sede.pontedeume.gal/.

No momento de realizar a inscrición, deberá indicarse a modalidade na que se inscriben: individual, por urbanizacións ou parroquias, esta última representada a través da súa Asociación de Veciñas e Veciños.

As obras e decoracións realizadas deberán estar expostas como mínimo ata o 6 de xaneiro de 2023 e deberá aparecer recollido a través dun cartel ou cualquier otro modo de representación o nome “Nadal en parroquias de Pontedeume”

O xurado, composto por representantes da Concellería de Parroquias e colectivos profesionais de decoración, iluminación, ambientación e atrezzo que evaluarán aos participantes en función dos seguintes criterios: deseño, orixinalidade, iluminación, cantidade e tipoloxía dos materiales reciclables empregadose o fomento de los valores locais.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 23 de decembro de 2022 e o día 2 de xaneiro de 2023 realizarase a valoración por parte do xurado visitando as instalacións decorativas participantes.