Formacións gratuítas na Aula Cemit de Pontedeume

Formacións gratuítas na Aula Cemit de Pontedeume

Preparación CODIX (certificación ofimática da Xunta de Galicia) (160 hs)

Duración: do 18 de setembro ao 5 de decembro. de luns a venres de 16:00 a 19:00h.

Prepárate para o exame de certificación da Xunta de Galicia. Coñece as ferramentas ofimáticas que te axudarán no teu día a día e prepárate para o exame de certificación da Xunta de Galicia. Apúntate ao curso completo ou só ás ferramentas que precises coñecer ou mellorar: Writer (procesador de textos), Calc (folla de cálculo), Base (bases de datos) e Impress (presentacións).

Traballaranse os conceptos básicos para traballar con calquera ferramenta ofimática: desde a instalación ata trucos para o traballo diario.

Mellora a túa eficiencia traballando co PC! Revisarase cada solicitude para concretar as túas necesidades e realizar un curso o máis práctico e útil para as túas necesidades.
Drons para menores (20 hs)
Duración: do 18 de setembro ao 6 de novembro.  Luns e mercores de 19:00 a 20:00h. + 6h. de prácticas.
Esta formación ten como fundamento achegar o mundo da pilotaxe dos drons, tipos de drons, o seu mantemento e outros recursos útiles para a xestión correcta dos nosos aparellos.
Haberá sesións prácticas para poder experimentar a pilotaxe de diferentes tipos de drons e xeitos de pilotaxe (con mando ou inmersiva).
A formación contará de sesións teórico-prácticas en aula CEMIT e 2 sesións prácticas en pavillón, unha primeira para coñecer as posibles aplicacións do curso e unha final para por en práctica toda a aprendizaxe! Nas sesións en pavillón practicarase a pilotaxe de diferentes tipos de drons e tipos de pilotaxe.
Linguaxe administrativa e xurídica en galego (30 hs)
Duración: do 20 de setembro ao 29 de novembro.  Os mércores de 10:00 a 13:00h.
A linguaxe administrativa e xurídica precisa dunha actualización permanente pois posúe un papel importante na relación coa cidadanía ou clientela de calquera entidade.
O obxectivo deste curso é achegar os recursos suficientes para poder redactar e corrixir textos vinculados co dereito e a administración cun alto nivel de calidade.
Redacción de documentos para a administración (20 hs)
Duración: do 22 de setembro ao 1 de decembro.  Os venres de 12:00 a 14:00h.
A escrita está cada vez máis presente na actividade contemporánea tanto no ámbito profesional como no persoal. Sexa como for, tanto os profesionais das diferentes administracións como as persoas usuarias precisamos mellorar e traballar a nosa comprensión e expresión escrita.
No actual contexto é bastante evidente que o manexo eficaz da escritura, da redacción e das nocións claves de presentación de textos facilitan a nosa vida profesional e persoal.
Por esta serie de motivos intentaremos transmitir neste curso pautas, reflexións e hábitos centrais para mellorar a escrita na redacción de documentos para a administración, e entre outros, destacaremos os seguintes obxectivos:
– Adestrar as habilidades redactoras adaptadas á comunicación escrita de cada contexto.
– Xerar ideas para o texto, ordenar os contidos, planificar, escribir e revisar.
– Desfrutar do fenómeno da comunicación escrita como mellora persoal e profesional.
– Mellorar a nosa autopercepción xeral nas habilidades de escritura.