APRAZADO por condicións metereolóxicas Festival solidario AGA-UCRANIA

APRAZADO por condicións metereolóxicas  Festival solidario AGA-UCRANIA

O vindeiro 23 de abril desde as 18 horas terá lugar na Alameda de Rajoy de Pontedeume un festival de carácter solidario organizado por AGA UCRAÍNA e o Concello de Pontedeume.

Medio centenar de artistas e máis de trinta voluntarias e voluntarios colaboran neste festival no que todos os fondos recadados, a través da barra instalada nas inmediacións do concerto e as doazóns que se realicen, irán destinados íntegramente a dita asociación para o seu posterior envío a ONGs e entidades oficiais no territorio ucraíno coa finalidade de adquirir material para a poboación civil.

O festival, cunha duración estimada de seis horas, iniciarase coas intervencións de Masha Pavlenko e Pablo Bicho, integrantes do colectivo AGA-UCRAÍNA, que darán paso aos intérpretes e músicos colaboradores como Luis Blanco e Alberto Amigo, Retumbatuke Percursión, Keepers, Runalú, Los Barbaritos, Gazela, Debosses, Colorado, Viktoriia Hubar, Pablo Bicho e Los Mecánicos.

A asociación AGA-UCRAÍNA (Asociación Galega de Axuda a Ucraína) é a primeira asociación galega creada co obxectivo de prestar servizos de asesoría xurídica, acollida e inserción das refuxiadas e refuxiados do conflicto de Ucraína e da cidadanía que se atopa no territorio por medio do envío de suministros e apoio económico.