eventos para 18 Maio - 8 Maio

Maxia na Vila de Pontedeume co Mago Richard

Alameda de Raxoi Alameda de Raxoi, Pontedeume, España

Galicia Ilusiona chega a Pontedeume! Desfruta do mellor festival de maxia e ilusionismo o día 5 de agosto na Alameda de Raxoi. Esperámoste para encher Galicia de ilusión!

Festival Internacional de Folclore

Praza de San Roque (A Calzada) Praza de San Roque, Pontedeume, A Coruña, Spain

Pontedeume retoma esta fin de semana o Festival Internacional de Folclore, tras dous anos de parón por mor da pandemia. A cita celebrarase este venres e este sábado, días 5 e 6 de agosto, na praza de San Roque a partir das 20:30. O evento, organizado polo Concello de Pontedeume xunto á Asociación Folclórica e...

Festival de Verán

Praza de San Roque (A Calzada) Praza de San Roque, Pontedeume, A Coruña, Spain

O domingo, 7 de agosto, celebramos o Festival de Verán 2022 organizado por 'Los Trasnochadores del Eume' xunto co Concello de Pontedeume. Dará comezo ás 21 horas na Praza de San Roque. Boleros, pasodobres, habaneiras… coa participación da Rondalla Chicas de Oro e 'Los Trasnochadores del Eume'.

XII Festival de Maxia

O Concello de Pontedeume acolle desde o mércores, 10 de agosto, e ata o venres 12 a XII edición do seu Festival de Maxia, cunha completa programación para todas as idades. A praza Real, a praza do Conde, a Alameda de Raxoi, e as parroquias eumesas acollerán as diferentes actuacións en horario de mañá e...

Recital poético-musical homenaxe a F.García Lorca e Alexandre Bóveda

Mercado Municipal Praza do Conde s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

Con motivo do aniversario da morte do poeta Federico García Lorca e do pensador e político Alexandre Bóveda, levarase a cabo, coa colaboración do Concello de Pontedeume, a Fundación Alexandre Bóveda e a Casa Museo Federico García Lorca de Granada, unha homenaxe a ambos os dous persoeiros. Un recital poético e musical que contará coa...

Ghazafelhos-Lúa

Biblioteca Pública Municipal “Poeta Ramiro Fonte” Rúa Couceiro Freijomil, 5, Pontedeume, A Coruña, Spain

Na terra algo acontece; hai moito ruido... berros... enfados... a Lúa está preocupada porque con tanto ruído as estrelas asústanse e non queren achegarse... Así que decide baixar á terra e saber o porqué de tanto alboroto... Lúa trata dunha analoxía entre o fantástico e o máxico á relación que temos as persoas no noso...

Espectáculo de acrobacias, danza e circo: Voo

Alameda de Raxoi Alameda de Raxoi, Pontedeume, España

Voo é un espectáculo no que a bailarina e artista de circo galega Ánxela Blanco desenvolve unha proposta cunha estrutura única que mestura a danza, o circo e as acrobacias.