Festival Internacional de Folclore

Home / Festival Internacional de Folclore
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Festival Internacional de Folclore

5 Agosto, 20:30 - 6 Agosto, 22:00

Pontedeume retoma esta fin de semana o Festival Internacional de Folclore, tras dous anos de parón por mor da pandemia.
A cita celebrarase este venres e este sábado, días 5 e 6 de agosto, na praza de San Roque a partir das 20:30.

O evento, organizado polo Concello de Pontedeume xunto á Asociación Folclórica e Cultural Orballo, supón un punto de referencia cultural na vila eumesa.

Este 2022, o festival cumpre a súa 33ª edición, na que contará con grupos procedentes de distintos países.
Así nas dúas xornadas, de carácter internacional e nacional, o público poderá desfrutar do Grupo “University” procedente de Georgia, a Compañía de Danza Folclórica “Tierras mexicanas” procedente de México ou o grupo de Coros y Danzas “Despertar el ayer” de Villanueva de Alcardete (Toledo).

Tamén participarán a Asociación Folclórica e Cultural Orballo de Pontedeume e o grupo de música tradicional “Contiños da Feira” da Coruña.

Tanto o venres como o sábado, o festival comezará cun desfiles dos grupos polas principais rúas de Pontedeume ata chegar á praza de San Roque, onde se sitúa o escenario.

Na primeira xornada, o venres 5 de agosto, o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, recibirá a unha representación dos grupos participantes nunha recepción organizada polo Concello.

Certame de fotografía
Entre os actos alternativos incluídos na programación do festival, destaca o IV Certame de Fotografía Mateo González.
Neste concurso, os participantes toman imaxes nas dúas xornadas do Festival.
Entre todas as fotografías recibidas, a organización escollerá á imaxe gañadora que formará parte do cartaz da edición do ano seguinte. Tamén recibirá un diploma e unha estadía SMARTBOX para dúas persoas a desfrutar en España.
Sorteos

Na praza onde se realizan os actos, os asistentes poderán colaborar coa organización do evento mercando chapas ou rifas para os sorteos presenciais que se desenvolverán ao rematar cada unha das xornadas.
O primeiro sorteo, o venres 5 de agosto, será unha comida ou cea para dúas persoas.
O día 6 haberá dous sorteos ao rematar a xornada, unha bicicleta de Montaña e unha estancia Wonderbox tres días con encanto para dúas persoas a escoller en lugares de toda España.

 

Detalles

Comezo:
5 Agosto, 20:30
Remate:
6 Agosto, 22:00
Categorías do Evento:
, ,

Recinto

Praza de San Roque (A Calzada)
Praza de San Roque
Pontedeume, A Coruña 15600 Spain

Organizador

Concello de Pontedeume
Teléfono:
981 433 054
Correo electrónico:
correo@pontedeume.gal
Ver a páxina web do Organizador