eventos para 18 Maio - 8 Maio

Exposición fotográfica-Enfocando á muller silenciada

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

Horario: 19:00-21:00 horas “Enfocando á muller silenciada” é un traballo baseado na propia experiencia do autor. Despois de fotografar en diferentes países as accións cotiás que a muller realiza, o xornalista José Luis Fernández Liz conclúe que se lle segue outorgando un papel secundario, que o trato é discriminatorio e que a desigualdade sexual segue...

Maxia na Vila de Pontedeume co Mago Richard

Alameda de Raxoi Alameda de Raxoi, Pontedeume, España

Galicia Ilusiona chega a Pontedeume! Desfruta do mellor festival de maxia e ilusionismo o día 5 de agosto na Alameda de Raxoi. Esperámoste para encher Galicia de ilusión!

Festival Internacional de Folclore

Praza de San Roque (A Calzada) Praza de San Roque, Pontedeume, A Coruña, Spain

Pontedeume retoma esta fin de semana o Festival Internacional de Folclore, tras dous anos de parón por mor da pandemia. A cita celebrarase este venres e este sábado, días 5 e 6 de agosto, na praza de San Roque a partir das 20:30. O evento, organizado polo Concello de Pontedeume xunto á Asociación Folclórica e...

Festival de Verán

Praza de San Roque (A Calzada) Praza de San Roque, Pontedeume, A Coruña, Spain

O domingo, 7 de agosto, celebramos o Festival de Verán 2022 organizado por 'Los Trasnochadores del Eume' xunto co Concello de Pontedeume. Dará comezo ás 21 horas na Praza de San Roque. Boleros, pasodobres, habaneiras… coa participación da Rondalla Chicas de Oro e 'Los Trasnochadores del Eume'.

XII Festival de Maxia

O Concello de Pontedeume acolle desde o mércores, 10 de agosto, e ata o venres 12 a XII edición do seu Festival de Maxia, cunha completa programación para todas as idades. A praza Real, a praza do Conde, a Alameda de Raxoi, e as parroquias eumesas acollerán as diferentes actuacións en horario de mañá e...

Recital poético-musical homenaxe a F.García Lorca e Alexandre Bóveda

Mercado Municipal Praza do Conde s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

Con motivo do aniversario da morte do poeta Federico García Lorca e do pensador e político Alexandre Bóveda, levarase a cabo, coa colaboración do Concello de Pontedeume, a Fundación Alexandre Bóveda e a Casa Museo Federico García Lorca de Granada, unha homenaxe a ambos os dous persoeiros. Un recital poético e musical que contará coa...