eventos para 18 Maio - 8 Maio

Falemos de saúde: Charla sobre a prevención do melanoma

Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

O Concello de Pontedeume organiza unha charla sobre 'Fotoprotección e prevención do melanoma', o mércores 15 de xuño ás 20:00 horas na Casa da Cultura. Intervirán Ignacio Baquerizo, Nerea Valcárcel e María Andrade, M.I.R. da Unidade Docente de Atención Familiar e Comunitaria de Ferrol.

Gravación do programa “Quen canta aí” da TVG

Alameda de Raxoi Alameda de Raxoi, Pontedeume, España

O programa da TVG "Quen canta aí?" gravarase en Pontedeume este xoves, 16 de xuño. A gravación será na Alameda de Raxoi entre as 11:00 e as 14:30. Invítase á cidadanía a asistir á gravación deste novo programa.

XXVII Aniversario Eume Deportivo Xuvenil

Campo de Fútbol A Gándara Esteiro s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

O Concello de Pontedeume organiza, xunto co Eume Deportivo, o 27 aniversario do Eume Deportivo Xuvenil que acadou o campionato galego de fútbol hai case 30 anos. O sábado 25 de xuño, ás 11:15h. no Campo de fútbol de A Gándara, farase un recoñecemento honorífico a aqueles xogadores e directivos que chegaron a ser o...

I Mostra Infantil de Folclore

Alameda de Raxoi Alameda de Raxoi, Pontedeume, España

I Mostra infantil de Folclore coa participación das escolas de música e danza da AFC Orballo e ACM Airiños do Eume.

Viaxe Cultural a Allariz (Ourense)-Programa de envellecemento activo

O Concello de Pontedeume organiza unha viaxe cultural á vila de Allariz (Ourense) o próximo martes 28 de xuño. A actividade inclúese no programa de envellecemento activo, co obxectivo de favorecer a autonomía persoal o envellecemento saudable así como a participación social e a integración na comunidade. A cita inclúe a visita ao casco histórico,...

15€

Obradoiros infantís de cociña saudable no Mercado Municipal

Mercado Municipal Praza do Conde s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

Este martes e mércores en horario de 11:30 a 13 horas haberá obradoiros para rapazas e rapaces entre seis e once anos no Mercado Municipal de Pontedeume. Aprenderán a elaborar as súas propias mini hamburguesas de pescado e pinchos de froitas multicolor.