XXVII Aniversario Eume Deportivo Xuvenil

- Este evento xa pasou.
XXVII Aniversario Eume Deportivo Xuvenil
25 Xuño, 2022, 11:00 - 14:00

O Concello de Pontedeume organiza, xunto co Eume Deportivo, o 27 aniversario do Eume Deportivo Xuvenil que acadou o campionato galego de fútbol hai case 30 anos.
O sábado 25 de xuño, ás 11:15h. no Campo de fútbol de A Gándara, farase un recoñecemento honorífico a aqueles xogadores e directivos que chegaron a ser o mellor equipo galego de categoría xuvenil na tempada 1994/95.
Ás 12:00h. desputarase un partido amigable entre os ex xogadores e unha selección de vellas glorias eumesas, formada tamén por ex-xogadores e ex-xogadoras.