eventos para 7 Abril - 12 Marzo

  • Samaín-O pasadizo do terror da Árbore da Bruxa

    Xardíns de Lombardero Avda. de Lombardero s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

    O Concello de Pontedeume amplía a súa oferta de actividades neste Samaín 2022. Desde o ano 2015 Pontedeume celebra a súa Festa de Samaín, unha celebración xa consolidada que ofrece unha completa proposta de iniciativas para a veciñanza. Para esta edición están organizadas diferentes actividades que se desenvolverán ao longo de toda a fin de...

  • Petiscos de Lingua

    Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España
  • Ciclo de teatro afeccionado 2022-Arjé Teatro-‘¡Hay un muerto en el salón!’

    CPR San José

    Dirixida por Javier de Melo e Xavier Brais Rey, a obra narra a seguinte situación: Mentres Abelardo e a súa prometida Hortensia brindan cos seus amigos polo inminente matrimonio, escoitanse disparos, e ao entrar no salón atópanse a un home morto no sofá. Todo parece indicar que se suicidou. Os namorados, as criadas, os amigos...

  • Programa Rede Paraugas

    Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

    Pontedeume ofrece grupos de axuda mutua para familias coidadoras de persoas con demencia neurodexenerativa O Concello de Pontedeume informa do Programa "Rede Paraugas", que consiste en grupos de axuda mutua que se realizarán na vila. A iniciativa diríxese a familias coidadoras de persoas con demencia neurodexenerativa. As sesións serán gratuítas e ofrecerase unha xornada mensual...

  • O lobo e a lúa-Baobab Teatro

    Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

    O lobo e a lúa é unha peza teatral tenra, divertida e integrante onde as súas personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da Lúa. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e do amor. Pensada para público familiar a partir dos tres anos.

  • Tardes no Mercado

    Mercado Municipal Praza do Conde s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

    Este venres, ás 17 horas, comeza "Tardes no mercado". O cociñeiro eumés Antonío Díaz Calvo fará unha demostración de cociña cos produtos de tempada do Mercado Municipal. Entre as elaboracións que se realizarán se atopan: Sopa Samaín con cabaza, castañas e cogumelos de tempada, Noqui de pataca con queixos de A Capela, Berberechos á brasa...

  • Ciclo de teatro afeccionado 2022-Grupo de Teatro Badius- A peregrinaxe

    CPR San José

    Por orde de Deus, un humilde pastor ten que partir para a Terra de Godah. Emprende entón unha longa peregrinaxe na que vai enfrontarse a banqueiros e gladiadores, coñecerá ao César e a Cleopatra, discutirá con inflexibles gardas e cos temibles nerios, para acabar na última cea de Xesús. Acompañádenos nesta apaixoante viaxe na procura...

  • Taller Encantada de Coñecerme

    Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

    TALLER: ENCANTADA DE COÑECERME os días 23 e 30 de novembro de 10:00h a 13:00h. Obradoiro de autocoñecemento e saúde sexual para mulleres. Todas as interesadas poden inscribirse no departamento de servizos sociais antes do 23 de novembro. Este obradoiro está dirixido a crear un espazo de ensino e aprendizaxe grupal sobre a sexualidade e...