eventos para 6 Decembro - 2 Decembro

  • Festas do Carmen

    Porto Marítimo Avda del Puerto s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain
  • Exposición de pintura de M. Jose Leira

    Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

    Horario: Luns a venres 19 a 21:30 horas Sábados 12 a 14 horas e  de 19 a 21:30 horas.   Exposición María José Leira, bióloga, profesora xubilada, implicada no estudo de xardíns e zonas verdes históricas, tema sobre o que ten varios libros publicados, pero sendo a pintura e a arte o que ocupa a...

  • Concentración en defensa do transporte público

    Concello de Pontedeume Rúa Real, 13, Pontedeume, A Coruña, Spain

    O Concello de Pontedeume, xunto a outros concellos da comarca, convoca unha concentración simultánea en defensa do transporte público, o próximo mércores 20 de xullo diante do edificio consistorial. A lectura do manifesto realizarase a partir das 20:30 horas. Doutra banda, dende as 19:00, membros da plataforma “Por un transporte público digno de Ferrol e...

  • Os fabulosos Cleaners

    Casa da cultura Rúa San Agustín, 20, Pontedeume, A Coruña, España

    Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia. Dous operarios de limpeza do teatro descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, as persoaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

  • Andaina Cultural ao Castelo de Andrade

    Torreón dos Andrade Avda. Torreón, s/n, Pontedeume, A Coruña, España

    O sábado 23 de xullo terá lugar unha iniciativa innovadora aos pés do Castelo de Andrade. O Ateneo Eumés xunto co Concello de Pontedeume organiza unha andaina cultural ata o Castelo de Andrade, xunto con dous relatorios sobre a familia dos Andrade e Roi Xordo e Alonso de Lanzós e un concerto de música medieval...

  • Os irmandiños no Castelo de Andrade

    Castelo de Andrade Camino Castelo de Andrade s/n, Pontedeume, A Coruña, Spain

    O sábado 23 de xullo terá lugar unha iniciativa innovadora aos pés do Castelo de Andrade. O Ateneo Eumés xunto co Concello de Pontedeume organiza unha andaina cultural ata o Castelo de Andrade, xunto con dous relatorios sobre a familia dos Andrade e Roi Xordo e Alonso de Lanzós e un concerto de música medieval...

  • Feira de Circo

    Alameda de Raxoi Alameda de Raxoi, Pontedeume, España

    Moc Moc confecciona unha produción propia, na que aproveita a súa ampla carteira de artistas multidisciplinares, para dar forma a unha programación intensiva con varios espectáculos de clown, malabares, acrobacias, aéreos e lume para que o público pida desfrutar dos mellores espectáculos de variedades.

  • XVII Festival de Habaneras

    Praza de San Roque (A Calzada) Praza de San Roque, Pontedeume, A Coruña, Spain

    Coro Alegre Intermezzo O Coro Alegre Intermezo fórmase no 1997 en Pontedeume, está integrado por 25 voces mixtas e 8 instrumentistas: piano, violíns, frauta, viola e violonchelo. Dende o ano 2066 organiza en Pontedeume O Festival de Outono co obxectivo de promover un evento musical na localidade e o intercambio con outras agrupacións de dentro...