Andaina Cultural ao Castelo de Andrade

Home / Andaina Cultural ao Castelo de Andrade
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Andaina Cultural ao Castelo de Andrade

23 Xullo, 17:00 - 19:00

O sábado 23 de xullo terá lugar unha iniciativa innovadora aos pés do Castelo de Andrade.

O Ateneo Eumés xunto co Concello de Pontedeume organiza unha andaina cultural ata o Castelo de Andrade, xunto con dous relatorios sobre a familia dos Andrade e Roi Xordo e Alonso de Lanzós e un concerto de música medieval galega que terán lugar nas inmediacións do Castelo de Andrade.

A primeira das charlas, que terá lugar ás 19 horas, titúlase “Andrade, un apelido eumés universal” e será impartida por Diego Bernal Rico. A continuación, Xosé Miguel Andrade falará sobre “Roi Xordo e Alonso de Lanzós en Pontedeume”.

Ás 20 horas, tras a finalización destas dúas conferencias, comezará o concerto de música galega medieval da man de Doa Dúo.

Simultáneamente a estas actividades, organízase unha andaina cultural que sairá ás 17 horas desde o Torreón dos Andrade ata o Castelo para poder asistir a estas actividades.
Todas e todos os interesados en participar nesta andaina poden inscribirse na Oficina de Turismo (Torreón dos Andrade), no email oficinaturismo@pontedeume.gal ou no teléfono 981430270.

Ademáis haberá servizo de bus con saída desde a marquesina de buses de Pontedeume ás 18:30 horas e regreso a vila eumesa ás 21:30 e todos aqueles que o desexen poderán visitar o Castelo de Andrade que maten abertas as súas portas ata o 15 de setembro en horario de 11 a 14 e de 16 a 20 horas.

Detalles

Data:
23 Xullo
Hora:
17:00 - 19:00
Categorías do Evento:
, , , , , ,

Recinto

Torreón dos Andrade
Avda. Torreón, s/n
Pontedeume, A Coruña España
Teléfono:
981 430 270

Organizador

Concello de Pontedeume
Teléfono:
981 433 054
Correo electrónico:
correo@pontedeume.gal
Ver a páxina web do Organizador