XXXIV Concurso de Contos Vila de Pontedeume

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

XXXIV Concurso de Contos Vila de Pontedeume

25 Marzo, 08:00 - 23 Abril, 23:59

 

Bases:
1. Poderán participar neste concurso estudantes de Terceiro e Cuarto da ESO, Bacharelato, Ciclos de Formación Profesional Básica e Ciclos de Formación de Grao Medio ou Superior, cuxa idade non supere os 20 anos.
2. Cada participante poderá presentar un só conto, escrito en lingua galega, que deberá ser orixinal, inédito, e non publicado e premiado con anterioridade ou estea pendende de decisión dun xurado noutros concursos. Non se admiten contos presentados en edicións anteriores deste concurso.
3. O conto presentarase en tamaño DIN A4, tipo de fonte Arial, corpo 12, adobre espazo, escrito por unha soa cara, paxinado, e cunha extensión mínima de seis páxinas (6) e máxima de oito (8). Deberá iniciarse cun títuloescrito en letras maiúsculas e debaixo deste irá escrito en cursiva o pseudónimo que elixa cada persoa participante. Os contos que non teñan estes requisitos serán declarados nulos.
4. Presentación dos contos:
– Rexistro Xeral do Concello de Pontedeume.De xeito presencial ou ben por correo certificado ao mesmo (Rexistro Xeral do Concello de Pontedeume, rúa Real 13, 15600 Pontedeume. (A Coruña).
Irán en sobre pechado en cuxo exterior constará: o nome do concurso:
CONCURSO DE CONTOS 2024, o título da obra e pseudónimo do autor ou autora. No interior xuntarase outro sobre pechado co título do conto e co engadido DATOS, que conterá no seu interior o título do conto e pseudónimo, nome e apelidos do autor ou autora, a fotocopia do DNI, teléfono de contacto, correo electrónico, enderezo, indicación do centro no que cursa estudos e estudos que está a cursar.
– Ou ben, a través de correo electrónico a correo@pontedeume.gal. O asunto da mensaxe do correo electrónico será CONCURSO DE CONTOS 2024 e deberanse achegar dous documentos:
Un arquivo co título do conto que conterá a obra. En ningún caso poderá figurar o nome e apelidos do autor ou
autora.
Un arquivo co título do conto co engadido DATOS, que conterá o título do conto e pseudónimo, o nome e apelidos do autor ou autora, a fotocopia do DNI, teléfono de contacto, enderezo, indicación do centro no que cursa estudos e estudos que está a cursar.
5. O prazo de admisión finalizará ás 23.59 h do 23 de abril de 2024.
6. Establécese un único premio dotado con 600 €. (Este premio está suxeito á retención vixente do IRPF, art. 70)
7. O premio poderá quedar deserto de non existiren obras de calidade a xuízo do xurado.
8. Así mesmo, o xurado poderá determinar o outorgamento de accésits.
9. O xurado será designado pola Concellería de Cultura e a súa composición darase a coñecer ao facerse pública a
súa decisión. O propio xurado determinará o seu sistema de traballo, avaliación e votación; e a súa decisión será inapelable. A acta da decisión do xurado farase pública na web do Concello de Pontedeume.
Non serán devoltos os exemplares presentados.
A decisión do xurado comunicaráselles ás persoas galardoadas con tempo suficiente ao acto público de entrega de premios e ao público en
xeral o mesmo día da entrega dos premios.
10. O día da entrega dos premios será o día 17 de maio de 2024, Día das nosas letras.
11. O Concello de Pontedeume resérvase a posibilidade de publicar o premio e accésits no momento que considere conveniente. Neste sentido, o autor ou a autora renuncia a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor e o/os exemplar/es que entregue
da súa obra quedarán en propiedade do Concello.
12. A organización resérvase o dereito de cancelar o concurso ou resolver os imprevistos sen estar obrigada a comunicárllelo previamente ás
persoas participantes.
13. A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.

 

XXXIV Consurso Contos Vila de Pontedeume

Detalles

Comezo:
25 Marzo, 08:00
Remate:
23 Abril, 23:59
Categoría do Evento: