Visitas guiadas Centro de Interpretación (Torreón dos Andrade)

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento xa pasou.

Visitas guiadas Centro de Interpretación (Torreón dos Andrade)

29 Abril, 2023, 12:00 - 18:00

O Concello de Pontedeume organiza os días 29 e 30 de abril visitas guiadas ao Centro de Interpretación do Torreón dos Andrade.

Esta actividade da a coñececer as antigas estruturas que presentaba o Torreón dos Andrade, como o calabozo, o corpo de garda, a porta da entrada desde a antiga muralla, a cociña, o comedo e o faladoiro, entre outras.

Así como a posibilidade de achegarse á extraordinaria documentación existente, como os privilexios reais concedidos á vila por Xoan II e Enrique IV ou as actas fundacionais como a do Convento dos Agostiños.
Tamén se explicarán pezas existentes como vidreiras do mosteiro de San Xoán de Caaveiro, figuras do retablo da antiga igrexa do Convento dos Agostiños ou restos arquitectónicos do antigo Pazo dos Andrade.
Esta actividade terá lugar os días 29 e 30 de abril en horario de 12 a 13 horas e de 17 a 18 horas.

As inscricións xa poden realizarse na Oficina de Turismo sita no Torreón dos Andrade, no e-mail oficinaturismo@pontedeume.gal ou
no teléfono 981430270 ata o momento da visita ou completar aforo. O custo da entrada ao Centro de Interpretación dos Andrade é de 2 euros.

Detalles

Data:
29 Abril, 2023
Hora:
12:00 - 18:00
Categoría do Evento:

Recinto

Torreón dos Andrade
Avda. Torreón, s/n
Pontedeume, A Coruña España
Phone
981 430 270

Organizador

Concello de Pontedeume
Phone
981 433 054
Correo
correo@pontedeume.gal
Ver a páxina web do Organizador